Anuncio de delegacións en concelleiros

Por decreto da Alcaldía n.º 223 de 20 de xuño de 2015, delegaronse competencias nos concelleiros, sendo o contido do decreto o seguinte:
 
“Descrición Decreto.–Delegacións de áreas pola Alcaldía-Presidencia.
 
Resultando que o pasado día 13 de xuño de 2015 tivo lugar a constitución do Concello de Valdoviño, coma consecuencia das eleccións locais celebradas o vinte e catro de maio/2015 e resultando proclamado alcalde o que subscribe.
 
De conformidade co preceptuado nos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e 43 e 44 e 114 e 115 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e co fin de conquerir unha maior celeridade e eficacia na xestión municipal,
 
En uso das atribucións que me están conferidas polos preceptos legais citados, RESOLVO:
 
PRIMEIRO.–Outorgar as delegacións especiais que se sinalan a favor dos concelleiros seguintes:
– Planificación Territorial e Xestión Administrativa.–Don SERGIO SAAVEDRA GUTIÉRREZ. Esta área será compartida coa Alcaldía.
– Cultura, Educación, Xuventude, Servizos Sociais, Sanidade e Turismo.–Dona ROSA ANA GARCÍA LÓPEZ e Dona JESSICA SABÍN FERNÁNDEZ.
– Obras e Servizos.–Don BENITO VEGA FERNÁNDEZ e Don ALEJANDRO ANTONIO GARCÍA SOUSA.
 
Por imperativo legal a delegación especial comprende a dirección interna e xestión do servizo ou áreas que se delegan, pero sen capacidade resolutiva mediante actos administrativos que afecten a terceiros; o ámbito de actuación dos asuntos a que se refiren as delegacións será o correspondente a todo o término municipal.
 
SEGUNDO.–O presente Decreto de delegación da atribucións surtirá efecto dende o día seguinte á presente resolución.
 
TERCEIRO.–Do presente Decreto darase conta ao Pleno na primeira sesión que celebre notificándose aos designados e publicarase no Boletín oficial da Provincia sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte á súa sinatura.
 
En Valdoviño, a vinte de xuño de dous mil quince”.
 
O alcalde
Don Alberto González Fernández