Ensino

Valdoviño conta cun colexio público de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria, o CPI Atios. Para calquera consulta pode chamarse aos teléfonos de conserxería (881 938 106) ou secretaría (881 938 107).
 
Ademais en Valdoviño tamén hai un colexio rural agrupado, o CRA O Esquío, formado por tres escolas, localizadas en Lago, Meirás e Vilarrube. O CRA ten a súa sede (Dirección, Secretaría e Sala de mestres) no primeiro andar da Casa da Cultura. Algunhas das actividades que realizan os pequenos poden verse no seu blogue.
 
Actualmente as antigas unitarias de Vilaboa e Sequeiro albergan outros usos. No primeiro caso, é escenario habitual de actividades do movemento asociativo e, no segundo, sede da Escola de Música, uso que comparte coas actividades que desenvolve a asociación de veciños.