XL Campionato galego de tiro con arco

O concello de Valdoviño acolle este sábado a celebración do Campionato galego de tiro con arco ao aire libre, nas modalidades de arco recurvo e arco composto.
 
O torneo disputarase no campo de fútbol de Mourente, con probas en categoría xuvenil, senior, veterano e adaptado.
 
Entre os 80 participantes cómpre salientar os nomes de Iria Grandal (olímpica en Londres 2012 e medalla de plata no GP de Lleida 2015), Mikel Alvariño (oro e plata nos Xogos Europeos de Baku 2015), Alberto Blázquez (quinto clasificado no Campionato de Europa en sala 2015), Guillermo Rodríguez (paralímpico en Londres 2012) ou Daniel Castro (campión de España xuvenil.
 
As finais están previstas a partir das cinco da tarde e a entrega de premios contra ás sete e media.