Navega nas Forcadas

O Club Náutico das Forcadas pon a disposición dos interesados todo o material do club. Será durante a tarde do domingo 5 de xullo, nunha xornada na que se poderá practicar piragüismo ou vela polo módico prezo de 5 euros por persoa.
 
Apuntarse é tan sinxelo como enviar unha mensaxe ao teléfono 646 32 76 06, indicando o nome, enderezo, data de nacemento e DNI do interesado.