Izado das bandeiras azuis

As doce da mañá deste primeiro de xullo tivo lugar o acto inaugural de izado das cinco bandeiras azuis coas que foi galardonado o Concello.
 
Membros da corporación e o capataz municipal, en representación do persoal que traballa día a día no mantemento e atención dos recursos naturais de Valdoviño, realizaron o izado protocolario.
 
O servizo de socorrismo en seis praias e na piscina municipal tamén comezou a súa actividades, ata o vindeiro 31 de agosto.