Convocadas dúas prazas de socorrista

O Concello de Valdoviño convoca a provisión, con carácter laboral temporal, de dúas prazas de socorristas, por un periodo de dous meses e medio a xornada completa.

A selección de aspitantes terá lugar o xoves 25 de xuño de 2015, ás 10:00 horas, debendo presentarse os aspirantes na piscina municipal de Cerdido. A contratación xestionarase segundo as bases adxuntas.