Verán cheo de cultura e lecer

O Concello de Valdoviño programou unha completa axenda para estes meses de verán, con catro exposicións, teatro, citas gastronómicas e moita festa.
 
As carrilanas baixarán en agosto (8 e 9) por decimonovena vez, nunha cita das máis clásicas do concello. Tamén está xa consolidada a Festa do percebe, que en Meirás chega a súa sétima edición (1-2 agosto).
 
O parque da praia da Frouxeira será o epicentro da cultura, con circo, obras teatrais para todos os públicos e unha xornada de cultura urbana. As actuacións que por mor do tempo non se puidesen facer no parque da praia trasladaranse á Casa da Cultura e darán comezo media hora máis tarde. Poñerase un cartel informativo na caseta de socorrismo.
 
Este verán tamén se poderá aprender a nadar, vela ou piragüismo. O Concello ten programados varios cursos, sobre os que se pode obter toda a información e realizar as inscricións na Casa da Cultura.