O CPi Atios participa na Olimpiada de Robótica

O CPI de Atios presentou dous equipos a fase preliminar da WRO (Olimpiada de Robótica) na categoría Regular Junior High que se celebrou no Colexio Compañia de Maria da Coruña.
 
Os equipos son "Mentes Conectadas", formado por Iria Domínguez, Elena Fernández e Helena Gesto, todas de 3° da ESO e "AtiosBot", formado por Raúl Caneiro de 6° de Primaria e Anxo Sanjurjo de 2° da ESO.
 
O equipo "AtiosBot" acadou o primeiro posto e a opción de participar na fase nacional que se celebrará en Barcelona, ademais de 1.500 € para a axuda da viaxe.
 
Neste proxecto contaron coa valiosísima axuda de Eva Robles e Fernando López Uceira, profesores do CFPI Rodolfo Lucha.
 
O Concello da a súa noraboa a todos os participantes, país e mes tres.