Aberta a Oficina de Turismo

Valdoviño inaugura a tempada de verán, coa apertura da Oficina de Turismo. O horario de atención ao público é de 10:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, agás os martes, que está pechado.
 
Os interesados en contactar co persoal xestor deste servizo tamén poden facelo chamando ao número de teléfono 981 487 673 ou enviando as súas consultas ao enderezo de correo turismo@concellodevaldovino.com.
 
O departamento de Turismo conta cunha páxina propia en Facebook e conta en Twitter.