Lecer en maio

Un ano máis chega a Mostra de Asociacións do Concello de Valdoviño, que o sábado 9 celebra a súa edición número 15 en Sequeiro.
 
A Volta Ciclista á provincia da Coruña terá unha etapa con saída e chegada en Valdoviño, o vindeiro domingo 17. Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea a Filgueira Valverde. Valdoviño faino o sábado 30 con maxia e música.
 
Como sempre a programación ofrece teatro, andadas e unha exposición, neste caso "+Art", con fotografías de Esperanza Vázquez Dopico.
 
Todos os datos sobre as actividades culturais están dispoñibles na axenda da web.