Cheque infantil

Normativa:
Orde do 20 de abril de 2015 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil e se procede á súa convocatoria (DOG nº 78 do 27/04/2015). Corrección de erros (DOG nº 80 do 29/04/2015)

Obxecto:
Conceder axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos por un período máximo de 11 meses. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

Persoas beneficiarias:
Familias residentes en Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  1. Renovación de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso 2014/15,. Deberán cumprir os requisitos establecidos e renovar a praza do curso anterior.
  2. Novas solicitudes de praza: as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:
  • Solicitantes de praza, nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
  • Solicitantes residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e desexen obter a axuda para unha praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro privado existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen as/os nais/pais ou titores legais. Neste suposto, deberán presentar a solicitude e a documentación correspondente

Para os efectos desta orde, enténdese por escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos: as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á primeira infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro.

Requisitos das persoas beneficiarias e dos centros:

  • Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2012. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
  • Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que supere o custo da praza.

Os centros a que acudan as persoas beneficiarias deberán contar coa autorización establecida no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

Renda per cápita:

  • Enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar: (suma dos ingresos totais da unidade familiar :12)/nº de persoas da unidade familiar.
  • Enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores, maiores de 18 anos cun grao de discapacidade superior ao 33% ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. No caso de familias monoparentais incrementarase nun 0,8 o nº real de membros que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente en 31 de decembro do ano 2013.
  • Ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral maila parte especial da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Documentación:
Solicitude e anexos |   Presentación electrónica na sede

  1. Renovación de praza: As persoas beneficiarias que no curso 2014/2015 obtiveran axuda do programa cheque infantil en continúen interesados na praza adxudicada no ano anterior, presentaran solicitude (anexo I), marcando a opción que corresponda, así como:
  • Declaración responsable de non percibir axudas para igual ou análoga finalidade ou, de ser o caso, relación das solicitadas (anexo I).
  • Anexo II cuberto e asinado polo/a cónxuxe ou parella, de ser o caso, así como a documentación que corresponda no caso de se producisen cambios nas circunstancias familiares.
  1. Nova solicitude de praza: As persoas interesadas residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos,  presentarán anexo I, marcando a opción que corresponda. Achegarase a seguinte documentación:
  • Anexo II
  • Copia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Certificado de discapacidade ou do grao ou nivel de dependencia, se é o caso, e informe dos servizos especializados na materia sobre a necesidade de integración na escola infantil do neno ou da nena para o/a cal se solicita praza, se é o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma.
  • Copia da resolución administrativa de acollemento, no caso de acollementos formalizados por outra comunidade autónoma.
  • Xustificación de ocupación ou de desemprego actualizada (no caso de persoas por conta allea: copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral; no caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas: copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos ou da correspondente mutualidade, ou certificación de ser demandante de emprego con efectos do día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).
  • Outros documentos, se procede, en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo, ou ben informe dos servizos sociais do concello correspondente.

– Informe dos servizos sociais do concello correspondente para acreditar as responsabilidades familiares no caso de que existan membros que, sen formaren parte da unidade familiar, estean a cargo dela.
– Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia da nai, do pai, do acolledor ou acolledora, do titor ou titora legal e/ou outros membros da unidade familiar, no caso de certificados que non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– Informe médico expedido polos servizos públicos de saúde, no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións dos membros da unidade familiar.
– Certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais, no caso de familia monoparental. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
– Título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
– Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais.

  • No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero acreditación por medio de calquera dos seguintes documentos:
    -Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuña ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
    -Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
    -Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
    -Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
    -Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
    -Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
    -Calquera outra forma establecida regulamentariamente.

Lugar de presentación:

Prazo de presentación:
Un mes a partir do seguinte á publicación da orde. Ata o 27 de maio de 2015.