Benestar en Balnearios 2015

Orde do 21 de abril de 2015 pola que se regula a oferta de prazas para estadías e tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2015, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 77 do 24/4/2015)

Obxecto:
Convocar un total de 600 prazaspara para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2015.
Os establecementos termais nos que se ofertan prazas son os que a continuación se relacionan:
- Balneario de Acuña - Caldas de Reis (Pontevedra)
- Balneario de Arnoia (Ourense)
- Balneario de Augas Santas - Ferreira de Pantón (Lugo)
- Balneario de Baños de Brea - Vila de Cruces (Pontevedra)
- Balneario de Baños de Molgas (Ourense)
- Balneario de Caldelas de Tui - Tui (Pontevedra)
- Gran Balneario de O Carballiño (Ourense)
- Balneario de Carballo (A Coruña)
- Termas de Cuntis (Pontevedra)
- Balneario de Laias - Cenlle (Ourense)
- Balneario de Lobios - Lobios (Ourense)
- Balneario do Río Pambre - Palas de Rei (Lugo)
- Balneario Termas Romanas - Lugo

Persoas beneficiarias
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe ou persoa con análoga relación de convivencia, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a).
Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando o poidan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos citados anteriormente, excepto o da letra a). Neste suposto, terán que cubrir os seus datos na epígrafe correspondente da solicitude presentada polas persoas proxenitoras ou titoras.
 

Servizos incluídos
As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.
O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de xuño e o de decembro de 2015.
Nos prezos inclúen os seguintes servizos:

  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo III, que comprenderán:
    • O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
    • O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
    • O seguimento médico do tratamento.
  3. Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
  4. Póliza colectiva de seguro turístico.

As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en cuarto individual, no caso de que houbese dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarase á quenda.
A participación nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal ou hoteleiro deberano facer as persoas beneficiarias polos seus propios medios e ao seu cargo, así como o desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal e o de regreso, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que ofertase o balneario, se for o caso.

Documentación
Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto da persoa solicitante como de quen a acompañe (cónxuxe, acompañante, fillo/a, tutelado/a).
Cada solicitude, no caso de  non dar autorización expresa á Consellería de Traballo e Benestar para acceder aos datos persoais que figuran nos ficheiros pertencentes á dita Consellería ou a outras Administracións Públicas, estará acompañada de:

  • Copia compulsada do documento nacional de identidade (DNI), ou ben do pasaporte ou do número de identificación do estranxeiro (NIE), segundo proceda.
  • Certificado de empadroamento, emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude.
  • Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período en que se presente a solicitude, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante e acompañante, se fora o caso, ou declaración xurada de non percibilas.
  • Certificado do grao de discapacidade do/a fillo/a ou tutelado/a pola persoa solicitante

Prazo presentación de solicitudes
O prazo é de 20 días naturais dende o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 15 de maio de 2015 por ser o 14 inhábil.

Lugar de presentación

  • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
  • En soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Por correo postal mediante envío certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..