Formación Proxecto Rede Xiana II

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, a través do proxecto Rede Xiana II, abre un proceso de captación de alumnado extraordinario (urxente) para as seguintes accións formativas que estaban pendentes de realizar:
- Comercialización e venda electrónica (30 horas) Abril 2015 en San Sadurniño
- Xerente de empresas de economía social (116 horas) Abril - Maio 2015 en San Sadurniño
Persoas destinatarias: desempregadas, maiores de 18 anos, empadroadas no concello de  Valdoviño e cumprir cos requisitos de formación específicos para cada acción formativa.
Selección de participantes: mediante baremo
Documentación necesaria: ficha de inscricion, footocopia DNI, tarxeta demandante de emprego actualizada, volante de empadroamento e informe de vida laboral actualizado.
Prazo para solicitudes: martes 14 e mércores 15
Lugar: Departamento de Servizos Sociais. ou no Tlf. 981487041-ext.5