Bando: Consulta do censo electoral

O Alcalde-Presidente do Concello de Valdoviño FAI SABER:
 
En virtude do establecido na modificación da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, establecida pola Lei Orgánica 1/2003, de 10 de Marzo, o Concello porá a disposición pública a CONSULTA DO CENSO ELECTORAL deste Concello, por medios informáticos e unha relación das mesas electorais, nas oficinas municipais, Negociado de Estatística do 6 ao 13 de Abril inclusive, podendo dentro do dito prazo consulta-lo censo e presentar se procede reclamación.
 
Hai un teléfono de chamada gratuíta, número 901 101 900.