Continuando coa celebración do Día da Muller...

O departamento de Servizos Sociais, dentro do seu programa de Actividades para a Igualdade, pon en marcha un programa enfocado a traballar a perspectiva de xénero nos centros escolares, coincidindo co mes de marzo no que se conmemora o Día da Muller.
A realización das actividades será de libre elección por cada unha das escolas. Terá unha duración dunha hora e a data e horario será a acordar entre os centros e o persoal do Departamento, quen se encargará de levar a cabo as actividades.
Dentro de dito programa, poñeranse a disposición de todos os centros escolares do concello as seguintes actividades
INFANTIL E 1º CICLO PRIMARIA

Actividade socioeducativa que se fiará a través do conto “O país dos mandóns”, engadindo dúas dinámicas grupais en relación a dito conto.
O obxectivo será visibilizar un papel activo das mulleres e romper cos mitos das tarefas domésticas. Ademais, a actividade contemplará unha dinámica que ten por finalidade comprender o funcionamento dunhas eleccións democráticas, de maneira que todos os votos, de nenas e de nenos, conten por igual.
SECUNDARIA

Actividade: Sesións socioeducativas nos niveis da ESO sobre a “Visión social da muller e os cánones actuais de beleza”
O obxectivo será identificar aqueles estereotipos que presionan ás mulleres dende os diferentes axentes sociais, en relación ao seu aspecto e ao modelo de “feminidade” construído.