Celebración do Día da Muller

O sábado 14 de marzo celebrarase o Día da Muller no Auditorio da Casa da Cultura, cun acto que abrirá ás 18:00 horas a  escritora MEDOS ROMERO.
 
Actuarán:
Cantareiras ALGARABÍA de Lago.
Grupo de Teatro “Rosalía” de Vilaboa en “MÍRALLE PARA O RABO”.
Grupo de baile moderno de Lago.
Cantareiras Mestura de Meirás.
Los Nostálgicos.
Organizan as asociacións veciñais, culturais, deportivas e de Amas de Casa de Valdoviño e o Concello de Valdoviño.
 
As persoas interesadas en asisitir á cea que organizan as asociacións no restaurante Brisas as 21:30 horas deberán contactar coas mesmas para mercar entrada. Sortearanse 10 ceas o día da actividade.