A muller, centro da programación cultural

A concellería de Cultura presenta para o mes de marzo unha completa programación. O día 14 de marzo celébrase o Día da Muller cun festival no Auditorio (Día da Muller).
 
O venres 6 de marzo Lisístrata propón un contacontos que vai tamén contando "en feminino". Os pequenos teñen o seu espazo cos monicreques de A Xanela do Maxín: "O murmurio do mar" ou Contacontos: "Contos que deixan pegada".
 
A oferta complétase co Concerto de César Decenti e Marcos Mella (sábado 7), unha representación de Teatro: "Desencaixados (esperpéntica crise)" e unha Andada por Marnela.