"Valdoviño. Memoria dun Século"

Os servizos sociais do Concello de Valdoviño poñen en marcha “Valdoviño: memoria dun século”, un programa dirixido a persoas maiores de 55 anos dentro do Programa "Envellecemento Cero IV" financiado pola Deputación da Coruña.
 
A actividade consistirá en facer xuntanzas semanais nas que conversar das vivencias e recordos de anos atrás, co fin de recoller memoria colectiva e ir tecendo a historia da vila.
 
Unha persoa monitora dinamizará o programa, e poden participar todas aquelas persoas que o desexen, colaborando na recollida de información dun xeito lúdico e grupal.
 
Levaranse a cabo os xoves, entre as 17:00 e as 18:30 na Casa da Cultura. Empezará o xoves 5 de marzo e as inscricións pódense efectuar no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981.487.041 (5)