Memoria Programa Achega 2014

O Programa ACHEGA impulsado polo Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, no ano 2014, tivo como obxectivos os seguintes: continuar co impulso dun programa marco para a realización de actuacións de axuda social, sensibilizar á poboación sobre a existencia de necesidades nas familias veciñas, implicar aos diversos axentes da comunidade na consecución das axudas e conseguir recursos inmediatos que permitan resolver as situación de emerxencia das familias do Concello.
O programa contempla diferentes actuacións ao longo do ano entre as que se atopan:

  • Recollida mensual de alimentos nos establecementos colaboradores
  • Recollida de xoguetes coa colaboración das asociación veciñais/culturais do Concello (Nadal)
  • Campaña “1KILO+”, recollida de alimentos- campaña de Nadal, en colaboración co CPI ATIOS de Valdoviño e CRA o Esquío (Escolas Unitarias)
  • Festival Solidario anual, coa colaboración das asociacións e da veciñanza.

O programa segue a dar os seus froitos, xa que a colaboración veciñal estase a convertir nun apoio básico para as persoas con maiores necesidades do Concello.
A múltiple colaboración entre Cáritas Valdoviño, Protección Civil, establecementos colaboradores, centro educativo, asociacións veciñais/culturais, veciñanza e Concello de Valdoviño manifestase como un éxito a nivel municipal.
Durante o ano 2014, coa continuidade do programa, atenderonse parcialmente as necesidades de máis de de 30 familias.
Os establecementos colaboradores xuntaron máis de 1900 unidades de productos, destacando as recollidas de (ordeados de maior a menor cantidade): ALIPROX (Valdoviño), O Zapateiro (Valdoviño), Cooperativa de Lago, Covirán (Meirás), Cooperativa de Meirás, O Castro (Lago) e Canducha (Meirás),superando algún deles as 600 unidades.
A colaboración puntual e excelente do alumando e profesorado do CPI ATIOS na campaña de recollida de alimentos de Nadal permitiu levar a cabo un reparto importante nesas datas tan sinaladas.
Coñecidas as cifras, manifestar o agradecemento a todas os eslabóns que forman parte do programa e agardar que o ano 20154 sexa como mínimo igual de solidario.