Programa Achega - Campaña de recollida de alimentos de Nadal

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, está a impulsar a campaña de recollida de alimentos, incluida dentro do Programa Achega, durante a época de Nadal.
Para isto, tanto dende os establecemento colaboradores (Aliprox, Cooperativa de Lago, Cooperativa de Meirás, O Zapateiro, Canducha, Josby, O Castro) como dende o CPI ATIOS/CRA e Concello, estase a realizar a recollida a través da aportación da veciñanza,de alumnado e dos seus familiares.
O reparto de alimentos levarase a cabo nos días previos á Noiteboa co obxectivo de dar cobertura nestas datas ás familias con maiores dificultades.
Agradecer a colaboración: aos establecementos, aos centros educativos (profesorado, alumnado, ANPA...), ás familias e veciñanza, a Protección Civil, ás asociacións vecíñais e a Cáritas Parroquial.
BO NADAL!!!!