Sorteo de premios do Concurso de fotografía

O sorteo de cinco vales de 60 euros para invertir en comercio local a realizar entre as fotos enviadas ao I Certame de fotografía anterior a 1970 e que non foron elexidas para formar parte do calendario municipal 2015 será o martes 16 de decembro ás 10:00 horas na Casa da Cultura.
 
Os participantes no certame e calquera outra persoa interesada pode asistir ao acto, que será público, e ante a secretaria municipal.
 
A entrega de premios terá lugar o vindeiro domingo 21 de decembro ás 18:30 horas.