Campaña de esquí

Informamos que está aberta a campaña de esquí da Deputación da Coruña, á que o Concello de Valdoviño está adherido, correspondéndolle 4 prazas na 1ª Quenda, que é na fin de semana do 30 de xaneiro do 2015 ao 1 de febrero.
 
A preinscrición está aberta ata o 19 de decembro, pudendo solicitar e presentar esa preinscrición na Casa da Cultura en horario de atención ao público. Se houbese máis solicitudes que prazas, haberá un sorteo entre as preinscricións presentadas. Os destinatarios-as desta campaña serán nenos e nenas nacidos nos anos 2001, 2002, 2003. 2004 e 2005. A cota de inscrición  serán 60 euros unha vez estea a praza concedida.
 
Máis información na Casa da Cultura e na web da Deputación da Coruña (Campaña de esquí).