I Andaina "Móvete polo bo trato"

O día de onte acompañou para a celebración da I Andaina para a eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un gran grupo de persoas de todas as idades sumáronse para reivindicar a erradicación deste problema social.
 
Durante a mañá realizouse un pequeno percorrido que rematou cun sensibilizador acto no Auditorio da Casa da Cultura no que as persoas participantes puideron escoitar as lecturas de diferentes grupos poboacionais: Pastora Pumar en representación das persoas maiores, alumnado da Escola Unitaria de Lago para infantil, alumnado do CPI Atios, representación política así como un emotivo baile das alumnas da Escola de Baile da AA.VV. Lago.
 
Agradecer dende o Concello a colaboración dos colectivos mencionados e participación da veciñanza de Valdoviño.
 
http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/valdovino-muestra-rechazo-violencia-genero-marcha-popular-urbana/20141130220039108441.html