O CONCELLO DE VALDOVIÑO SUSPENDE TEMPORALMENTE O FEIRÓN MENSUAL

O concello de Valdoviño comunica ós veciños e visitantes que este sábado 8 de novembro non se celebrará o habitual feirón mensual de cada segundo sábado de mes.
 
O motivo da non celebración do feirón é que o pasado venres 31 de outubro tomou posesión da parte privada do espacio que se destina a feirón mensual un novo propietario, unha nova empresa, tras adquirir recientemente o solar.
 
Á maior brevedade posible seguiranse celebrando os feiróns no espacio habitual ubicado na Porta do Sol.
 
Disculpen as molestias que esta suspensión lles poida ocasionar.