Actividades culturais/deportivas

A concellería de Cultura e Deportes oferta aulas de ioga, música, pintura, inglés e tiro con arco, actividades que comezarán no ano 2015 (se hai un grupo mínimo de interesados). A preinscrición pode realizarse ata o 15 de decembro no teléfono 981 487 666 ou na Casa da Cultura.
 
Aula de ioga. Luns e mércores de 20:30 a 22:00 horas. Casa de Cultura. Maiores de 16 anos.
Tiro con arco. Venres de 18:30 a 20:30 horas. A partir de 8 anos e adultos.
Aula de música. Mércores instrumento (batería, guitarra, piano), venres infantil (ata 6 anos).
Aula de pintura. Martes. De 7 a 12 anos, de 16:00 a 17:30 horas.
Aula de inglés. Martes. Maiores de 16 anos. De 20:00 a 22:00 horas.