Contratación da limpeza de cunetas e obra de drenaxe nas parroquias

O Concello de Valdoviño vén de licitar a limpeza de cunetas e obras de drenaxe nas parroquias de Pantín, Vilarrube, Vilaboa e Loira, obra incluída no POS 2014. Toda a información referente a esta contratación atópase no apartado correspondente do Perfil de contratante: Limpeza de cunetas e obra de drenaxe.
 
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local adxudicou o servizo de renovación de instalación de iluminación exterior do concello. O acordo de contratación está dispoñible na licitación: Renovación de instalación da iluminación exterior do concello.