Musicoterapia - Programa de Envellecemento Activo "Envellecemento Cero II"

Dentro do programa de Envellecemento Satisfactorio, subvencionado pola Deputación da Coruña, o Concello de Valdoviño dase continuidade aos obradoiros de Musicoterapia, dirixidos a persoas de máis de 55 anos.
 
A musicoterapia é unha ferramenta terapéutica que se sirve da música, os sons e as vibracións para optimizar as canles de comunicación, a aprendizaxe, a memoria, a motricidade e a expresión, dende unha perspectiva preventiva e rehabilitadota, co fin de mellorar a nosa calidade de vida.
 
As sesións serán gratuítas e realizaranse na Casa da Cultura, durante os días 18 e 25 de setembro e 2 e 16 de outubro de 16:30 a 18:00 horas.
 
Inscricións e información: Servizos Sociais (baixo do concello). 981.487.041. (extensión 5).