Talleres para a xuventude

O Concello de Valdoviño organiza dous talleres gratuítos para a xuventude: un de iniciación ao stop motion e outro de webseries. Para participar nestes obradoiros é preciso inscribirse na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 981 487 666.
 
Taller de iniciación ao stop motion
Realización dunha pequena peza de stop motion con bonecos de plastilina.
Lugar : Casa de Cultura do Concello de Valdoviño.
Calendario e horario : 24, 26, 29 e 30 de setembro e 1 de outubro . De 17:00 a 19:00 horas.
A partir de 12 anos. Prazas limitadas. Subvenciona a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
 
Taller de webseries
Con este taller inténtase reflexionar sobre outra maneira de ver e facer televisión e de como este xénero, as series, se poden difundir en máis soportes que o tradicional. Realizarase  un capítulo piloto dunha webserie.
Lugar : Casa de Cultura do Concello de Valdoviño.
Calendario e horario : 27 de setembro , 4 e 11 de outubro. De 11:00 a 14:00 horas.
A partir de 12 anos.Prazas limitadas. Subvenciona a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.