XV Andada a Santo André

O Concello de Valdoviño organiza para o derradeiro domingo do mes de setembro a XV Andada a Santo André de Teixido. A saída camiñando será dende A Rocha, ás 08:00 horas.
 
Unha semana antes, o domingo 21, celebrarase a III Milla urbana de Valdoviño.
 
As inscricións para a camiñada a Santo André poden realizarse os días 18, 19, 22, 23 e 24 de setembro, de 09:00 a 13:00 horas na Casa de Cultura, ata completar prazas.
 
Máis información na Casa de Cultura, no teléfono 981 487 666 e nas imaxes publicadas á dereita desta páxina.