Renovación de instalación da iluminación exterior do concello

Obxecto: 

Servizo de renovación de instalación de iluminación exterior ano 2014 do concello de Valdoviño.

Tipo de procedemento:
Empresas invitadas: 
Aelectro Sensor; Elecnar, Electricidad Narón, S.L.; Tuimil, S.A. Electricidad.
Tipo de contrato:
Estado do procedemento:
Orzamento total: 
41.566,94 euros.
Data de publicación: 
xoves, 4 Setembro, 2014
Prazo de execución: 
Máxima de dous meses.
Presentación de ofertas: 
As ofertas presentaranse no Concello de Valdoviño, Porta do Sol s/n, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de oito (8) días naturais, contados desde o día seguinte a recepción da invitación.
Clasificación do contratista: 
Dada a contía deste contrato non é necesaria a clasificación.
Garantía: 
Definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.
Revisión de prezos: 
O prezo do contrato non poderá ser obxecto de revisión.
Acordo de adxudicación: 

A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 18 de setembro de 2014 acorda a adxudicación á empresa Tuimil Electricidad, S.A., polo importe total de 26.922,50 euros, IVE incluído.