Ordenación vial Pantín Classic 2014

Durante os días 29, 30 e 31 de agosto, debido á celebración na praia de Pantín da XXVII edición do Campionato do Mundo de Surf Pantín Classic Galicia PRO 2014, comunícase que se procederá á ordenación das direccións circulatorias permitidas para poder aceder á praia de Pantín, co obxecto de evitar colapsos circulatorios.
 
O sentido de circulación do tráfico quedará do seguinte xeito:
- Igrexa de Pantín-Ariño: dirección única, sentido Ariño.
- Ariño-Beceiros: dirección única, sentido Beceiros.
- Ariño-Vieiteiro: dirección única, sentido Vieiteiro.
 
O acceso dende Marnela de Arriba á praia do Rodo será de doble dirección ata o cruce coa estrada da costa e a partir de aquí quedará prohibido o acceso ata a zona de Ariño.
 
Os accesos pola estrada da costa manteranse igual.