Descubre o que pasa pola noite na Lagoa da Frouxeira

As concellerías de Cultura e Turismo de Valdoviño organizan unha andada nocturna pola lagoa da Frouxeira.
 
Saída ás 23:30 horas desde a caseta de socorrismo da praia da Frouxeira. Andada nocturna con espectáculo teatralizado a cargo de Troula Animación, música e cerimonia da queimada na fin da andada.
 
Inscricións no teléfono 981 487 666, de 09:00 a 13:30 horas, ata o venres 8 de agosto. Non recomendable para menores de 12 anos.