Plan Apoio á Alimentación Infantil durante as vacacións escolares

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, ven de aprobar en Pleno o inicio dun Plan Municipal de Apoio á Alimentación Infantil durante as vacacións escolares, en defecto do servizo de comedor do centro educativo durante o curso escolar.
 
Dito Plan pretende dar cobertura ás necesidades básicas de alimentación e hixiene daquelas familias con menores a cargo que, coñecida a situación e tras valoración técnica dos Servizos Sociais, presenten unha situación socioeconómica precaria e de dificultade de garantir uns mínimos de calidade de vida.