Feira de artesanía, segunda man e produtos do campo

O domingo día 20 de xullo terá lugar na na Porta do Sol a Feira de Artesanía, segunda man e produtos do campo que celebra o concello de Valdoviño trimestralmente.
 
Máis de 70 postos con productos variados estarán a disposición dos veciños e visitantes na explanada que habitualmente se utiliza para estes eventos no centro do pobo.
 
O horario da feira será dende as 11 ata as 20 horas de forma continua.
 
As persoas que acudan a feira poderán atopar productos de segunda man, así como infinidade de artigos artesán e os típicos productos do campo da nosa comarca.