2ª feira da pataca

sábado, 9 Agosto, 2014 - 14:00
Porta do Sol

Concurso de tortilla de patacas (recollida de tortillas ata as 14:00 horas e entrega de premios ás 20:00 horas). As tortillas presentadas serán entregadas a Cáritas Valdoviño para o seu reparto entre as familias máis necesitadas do concello. Haberá recadación de alimentos non perecedeiros para Caritas Valdoviño.
 
Elaboración de tortilla xigante, que se comezará a preparar ás 16:00 horas e a servir a partir das 20:00 horas. Os ingredientes serán 270 kilos de patacas, 1.080 ovos, 25 litros de aceite, 10 kilos de cebolas e 2 kilos de sal. O molde da tortilla é de 2,30 metros de longo, 90 centímetros de ancho e 12 de grosor, o que dará unha tortilla de 300 kilos.
 
Haberá actividades para todos os públicos durante toda a xornada e unha actuación musical a última hora da tarde.