"Na boa onda", Programa para a mocidade

O Concello de Valdoviño pon en marcha esta semana o programa “Na boa onda”, dirixido a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos (Secundaria).
 
O programa consistirá en oito obradoiros de temáticas diferentes, que se realizarán maioritariamente de balde, os venres entre as 18:30 e as 20:30, na casa da Cultura.
 
O primeiro, sobre Cooltura Urbana será este venres, e consistirá nunha exhibición e obradoiro de Breakdance e Beatbox  a cargo da Asociación Vella Escola.
 
O seguinte será o vindeiro mércores, 16 de abril, coa realización dun Videoforum.