Contratación obra Camiño Montefaro (Meirás) e outros

Obxecto: 

A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño en sesión do 26 de febrero de 2014, acordou o inicio do expediente de contratación da obra incluída no Plan de Mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014: “CAMIÑO MONTEFARO (PRIMEIRA ESQUERDA Ó PASAR COPAGRO) (MEIRÁS) E OUTROS".
 
A documentación técnica (proxecto obra) atopase na páxina web municipal e nas oficinas municipais.
 
Rexerán para a contratación os Pregos de cláusulas administrativas particulares da Excma. Deputación Provincial publicados no BOP nº 103 de 1 de xuño de 2012 e o cadro de características do contrato e criterios de valoración aprobados pola Xunta de goberno e que constan na web municipal.
 
Valdoviño, 08 de marzo de 2014
 
O Alcalde,
José Antonio Vigo Lago

Tipo de procedemento:
Tipo de contrato:
Empresas invitadas: 
Terra Ambiente, S.L., Excavaciones y Transportes Saavedra y López, S.L., Villasuso Ortegal, S.L. y José No Mantiñán Construcciones.
Estado do procedemento:
Orzamento total: 
63.178,94 euros
Data de publicación: 
xoves, 13 Marzo, 2014
Prazo de execución: 
3 meses
Observacións: 
Porcentaxe de subcontratación: máximo 60% de adxudicación.
Importe máximo dos gastos de publicidade a conta do contratista: 100 euros.
Presentación de ofertas: 
Oito días naturais contados do día seguinte ao da recepción, nas oficinas da Casa do Concello de 9 a 13 de luns a venres e de 10 a 13 os sábados, coa documentación indicada e os requisitos esixidos na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.
Garantía: 
Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobor do valor engadido (IVE)
Revisión de prezos: 
Non hai.
Taxas do contrato: 
A conta do adxudicatario, segundo se especifica no punto 28 do prego de cláusulas administrativas.
Datos de adxudicación: 
A Xunta de goberno local celebrada o día 7 de maio de 2014 adoptou acordo de adxudicación da obra á empresa José No Mantiñán e hijos, Construcciones, S.A. por importe total de 59.956,71 euros e cun prazo de execución dun mes.