Memoria Programa "ACHEGA"

O Programa ACHEGA impulsado polo Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, no ano 2013, ten como obxectivos os seguintes: impulsar un programa marco para a realización de actuacións de axuda social, sensibilizar á poboación sobre a existencia de necesidades nas familias veciñas, implicar aos diversos axentes da comunidade na consecución das axudas e conseguir recursos inmediatos que permitan resolver as situación de emerxencia das familias do Concello.
O programa contempla diferentes actuacións ao longo do ano entre as que se atopan:

  • Recollida mensual de alimentos nos establecementos colaboradores
  • Recollida de xoguetes coa colaboración das asociación veciñais/culturais do Concello
  • Campaña “1KILO+”, recollida de alimentos- campaña de Nadal, en colaboración co CPI ATIOS de Valdoviño.
  • Festival Solidario anual, coa colaboración das asociacións e da veciñanza.

A acollida do programa está a ser extraordinaria, xa que a colaboración veciñal estase a convertir nun apoio básico para as persoas con maiores necesidades do Concello.
A múltiple colaboración entre Cáritas Valdoviño, Protección Civil, establecementos colaboradores, centro educativo, asociacións veciñais/culturais, veciñanza e Concello de Valdoviño manifestase como un éxito a nivel municipal.
Durante o ano 2013 o programa recibeu a resposta esperada, podendo atender mensualmente as necesidades de máis de de 30 familias.
Os establecementos colaboradores xuntaron máis de 2000 unidades de productos, destacando as recollidas de (ordeados de maior a menor cantidade): ALIPROX (Valdoviño), O Zapateiro (Valdoviño), Cooperativa de Lago, Covirán (Meirás), O Castro (Lago), Cooperativa de Meirás e Canducha (Meirás), superando algún deles as 500 unidades.
A colaboración puntual e excelente do alumando e profesorado do CPI ATIOS na campaña de recollida de alimentos de Nadal permitiu levar a cabo un reparto importante nesas datas tan sinaladas, xa que superaron as 840 unidades.
Coñecidas as cifras, manifestar o agradecemento a todas os eslabóns que forman parte do programa e agardar que o ano 2014 sexa como mínimo igual de solidario.