"Vagalume"

O Concello pone en marcha Vagalume, un programa de educación familiar na etapa preescolar que pretende ser un lugar de encontro para familias que queiran compartir as súas inquedanzas e experiencias sobre a crianza dos seus fillos e fillas. Buscarase un ambiente distendido, con actividades lúdicas e conversas que fagan da aprendizaxe un proceso enriquecedor entre familias e menores.
 
O programa será guiado por unha educadora que organizará as sesións, ensinando recursos como contos ou cancións, e fomentando as charlas grupais sobre temas de interese.
 
As sesións serán os martes alternos, de 17:00 a 18:15 na Casa da Cultura, para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.
 
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 31 DE XANEIRO en Servizos Sociais (no baixo da Casa do Concello), de 09:00 a 14:00. Teléfono: 981.487.041 (ext.5)