II PROGRAMA DE DEPORTE ADAPTADO-INCLUSIVO

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol desenvolve coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña un Programa de deporte adaptado-inclusivo destinado a promover a diversidade funcional no deporte.
 
As modalidades deportivas a impartir, ubicación e horarios (previsión):
- Baloncesto en cadeira de rodas. Pavillón po. do Ensanche, Ferrol. Xoves de 20:00 a 21:30 horas.
- Boccia. CPI FEal, Narón. Venres de 16:30 a 18:00 horas.
- Tenis en cadeira de rodas. Pav.Polid. de Ares. Un día á semana hora e media.
- Baile adaptado. Local Social Sta. Icia. Narón. Luns de 17:15 a 18:15 horas.
 
Participación: gratuita
Opción de transporte adaptado
Matrícula: do 14 de xaneiro ao 7 de febreiro
 
Máis info e matrículas: Departamento de Servizos Sociais Valdoviño ou na Mancomunidade (Pazo municipal de Ferrol, 2º andar). 981487041- ext.5