Inicio da contratación da obra de acondicionamento das escolas de Taraza e Vilarrube

A Xunta de goberno local do Concello de Valdoviño, en sesión do 15 de Xaneiro de 2014, acordou o inicio do expediente de contratación da obra “Acondicionamento das escolas unitarias de Taraza e Vilarrube", incluída no POS 2013.
 
Este procedemento, negociado sen publicidade, conta cun orzamento total de 87.272,35 euros.
 
Máis información no perfil de contratante da web: Acondicionamento das escolas unitarias de Taraza e Vilarrube (POS 2013).