Campaña esquí 2014

O Concello de Valdoviño ten previsto participar na campaña "Esquí 2014" que vai pór en marcha a Deputación Provincial da Coruña.
 
Trátase dunha campaña dirixida a rapaces nacidos nos anos 2000, 2001, 2002 e 2003, que poderán gozar dunha fin de semana na estación invernal de San Isidro, na provincia de León. Aos rapaces de Valdoviño correspóndelles a quenda do 14 ao 16 de febreiro.
 
Os interesados deberán formalizar preinscrición asinada por pai, nai ou titor na Casa da Cultura do Concello, en horario de 11:00 a 13:00 horas ou de 16:00 a 19:00 horas. A cota de participación é de 36 euros, e  no caso de que o número de interesados supere o número de prazas asignadas ao Concello, realizarase un sorteo público ante a secretaria municipal.
 
O límite para entregar a documentación (preinscrición cuberta e o que se pide na mesma) para participar na campaña de esquí é ata o 28 de xaneiro.
 
Máis información na web da Deputación da Coruña.