Loito oficial no Concello de Valdoviño

DECRETO DA ALCALDIA-PRESIDENCIA Nº O2/2014
 
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA POLA QUE SE DECLARA LOITO OFICIAL NO CONCELLO DE VALDOVIÑO
 
Con motivo do falecemento de veciños de Valdoviño por causa do temporal que azotou a este municipio, como testimonio do dolor do pobo de Valdoviño, en sinal de respecto e condolencia e para honrar a memoria das persoas falecidas, o que ocasionou gran consternación na vida desta localidade, veño en
 
DECRETAR o seguinte:
 
- DECLARAR loito oficial dende as 12:00 horas deste día 7 de xaneiro ata as 12:00 horas do día 9 do presente mes de xaneiro, durante os cales coma forma visual de expresar o loito, as bandeiras de todos os edificios municipais ondearan a media asta.
 
- MOSTRAR a condolencia e solidaridade deste Concello e de todos os veciños ás familias das víctimas.
 
- Quedan suspendidos todos os actos de carácter oficial que estean previstos durante o tempo de loito.
 
Así o mando e asino en Valdoviño, a sete de xaneiro de dous mil catorce.
 
O Alcalde,
José Antonio Vigo Lago