Exposición "Cartas de Amor"

Hoxe ábrese na Casa da Cultura a Exposición "Cartas de Amor": 15 artistas contra a Violencia de Xénero. Estará a disposición do público interesado ata o 2 de xaneiro. A exposición vai acompañada dun obradoiro teórico-práctico que se levará a cabo o día 27 de decembro (venres) de 11 a 12:30 horas no lugar da exposición. Será impartido por Gloria Serrato.