Programa "Achega"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, continúa con desenvolvemento do Programa Achega, un programa creado ante o aumento da demanda de familias con maiores dificultades para a cobertura de necesidades básicas dentro do propio Concello.
 
O programa contempla varios proxectos:

  • Recollida de alimentos en colaboración cos establecementos comerciais do Concello, do cal se fará balance a final de ano.
  • Recollida de xoguetes na campaña de Nadal a través da Xuntanza Solidaria.
  • Recollida de alimentos de Nadal en colaboración directa co alumnado do CPI ATIOS.
  • Festival solidario en colaboración coas Asociacións culturais/veciñais do Concello (pendente confirmación de data).

 
o primeiro dos proxectos de NAdal será a IV Xuntanza Solidaria para a recolida de xoguetes, que se celebrará o día 1 de Decembro na Casa da Cultura a partir das 16:30 h. Colabora este ano: Asociación "A Frouxeira" de Valdoviño. Actuación de títeres: "A historia do Apalpador" de Cachirulo Teatro ás 18:30 hrs.