Defensa Persoal TAI CHI CHUAN no Feirón Mensual

Este sábado, na zona de celebración do feirón, levarase a cabo unha sesión de Defensa Persoal – TAI CHI CHUAN impartida pola Escola Galega de TAichi de Cambre. Esta sesión, composta por unha exhibición a cargo do alumando da escola e por unha parte práctica gratuita aberta ao público (principalmente adulto), ten como finalidade coñecer a demanda existente no Concello para dita actividade e así poder formar un grupo durante os próximos meses.  
Para máis información contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello. Tel. 981487041-ext.5