Feira de artesanía e de segunda man

O Concello de Valdoviño levará a cabo o vindeiro domingo 13 de outubro a I Feira de artesanía e de segunda man do municipio. En horario de 10:00 a 15:00 horas estarán expostos na explanada da Porta do sol máis de cen postos variados con artesanía e productos de segunda man.
 
Asimismo o sábado día 12 de outubro, festividade do Pilar, terá lugar o Feirón mensual do mes de outubro.
 
Durante todo o fin de semana os visitantes poderán disfrutar dunha tirolina de máis de cen metros de longos e de inchables para os máis pequenos.
 
Tanto o sábado como o domingo a A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño realizará unha exposición dos distintos traballos realizados durante o curso 2012/2013.
 
Tamén haberá unha demostración de defensa persoal Tai Chi Chuan, para disfrute do público asistente.