Pleno extraordinario

Este mércores 25 de setembro, ás 10:30 horas, celébrase unha sesión extraordinaria do Pleno Municipal.
 
A orde do día inclúe os seguintes puntos:

  • Ratificación da urxenza.
  • Aprobación do proxecto modificado da obra do POS 2013 "Acondicionamento das escolas unitarias de Taraza e Vilarrube".
  • Aprobación inicial do orzamento municipal (exercizo 2013).
  • Dar conta do informe sobre estabilidade presupuestaria.