Valdoviño homenaxea aos seus deportistas

O Concello de Valdoviño recoñeceu o pasado sábado 14 de setembro o esforzo e éxito de varios deportistas que se desplazan por España e por todo o mundo adiante, e que levan sempre no seu corazón ao seu concello, Valdoviño, e que nos representan a todos cando compiten.
 
A todos eles moitas gracias no nome do Concello de Valdoviño.
 
Os nove deportistas homenaxeados son os seguintes:
 

  • Eduardo Cernadas Vázquez

Ten disputados 27 maratóns, algúns deles en Barcelona, Madrid, Valencia e Bilbao, este último nocturno; 83 medias maratóns; campionatos galegos de milla, 5 kilómetros, 10 kilómetros, media maratón e maratón; Campionato de España de Maratón celebrado na Coruña, acadando o posto 16º e Campionato de España de Media Maratón celebrado en Cangas de Onís, acadando o posto 32º.
 
Actualmente leva 399 carreiras, tres participacións nos 101 kms de Ronda (Málaga) e o reto de realizar tres carreiras en 24 horas.
 

  • Javier Freire López

Leva trinta anos de actividade atlética, salientando entroutros os seguintes resultados:
 
- Vixésimo clasificado no Campionato do Mundo de 100 kilómetros, celebrado en Santander no ano 1988.
- Cuarto clasificado na súa categoría na Maratón de Valencia no ano 1992.
- Cuarto clasificado na súa categoría na Maratón de Sevilla no ano 1993, sendo o quinto español na clasificación xeral.
- Finalista nas maratóns de Madrid, Barcelona, León, Gijón, Mallorca, Lanzarote, San Sebastián, Laredo e Ciudad Real.
- Terceiro clasificado na Subida ao Angliru.
- Gañador de diversas carreiras populares por toda España.
- Mellor marca no Maratón de Ferrolterra, cun tempo de duas horas e trinta e un minutos.
 

  • Leopoldo Bermúdez Nogueira

Representa anualmente a Valdoviño en case todas as probas da Copa Federación de Deportes de Inercia que se celebran ao longo do territorio nacional, competindo en Ibiza, Pamplona, País Vasco, Oviedo, Mijas, etc.
 
Acude tódolos anos por invitación da Federación de Deportes de Inercia á Carreira de Campións, onde acuden os mellores pilotos de cada categoría. Nos anos 2011 e 2012 foi Campión Open de España, agora chamada Copa Federación de Deportes de Inercia, na categoría de carrilanas de madeira.
 
Leva competindo na Baixada de Carrilanas a San Mamede dende a súa primeira edición, fai dezasete anos, coas súas carrilanas artesanais, confeccionadas por él mesmo.
 

  • Roberto Bonome Pato

Con 8 anos decide probar na escola de waterpolo, comezando a competir un mes despois como alevín. 
 
No ano 2010 foi Campión galego alevín e infantil por clubes e Campión da copa galega nas dúas categorías, repetindo en categoría alevín nos anos 2011 e 2012, conseguindo neste último ano tamén o primeiro posto na Copa galega infantil e o segundo posto na Copa galega de cadetes.
 
No ano 2013, primeiro ano de infantil, conquire un terceiro posto na Liga galega de clubes, o terceiro posto na Copa galega en categoría infantil e o segundo posto na Copa galega en categoría cadete.
 
Entrena todos os fines de semana do ano na piscina do Centro de Alto Rendimento de Pontevedra coa selección galega, na que é convocado para xogar o Campionato de España por comunidades, defendendo as cores da bandeira galega conquerindo o duodécimo posto.
 

  • Óscar Montes Gómez

Aos cinco anos empeza na escola de natación do Club Marina Ferrol, no que se sumerxe na aprendizaxe das diferentes técnicas da natación e o seu perfeccionamento e con oito anos decide probar na escola de waterpolo e empeza a competir un mes despois como alevín.
 
No ano 2010 foi Campión galego alevín por clubes, Campión galego infantil por clubes, Campión galego alevín de Copa por clubes e Campión galego infantil de Copa por clubes. No ano 2011 foi Campión galego por clubes, sendo o capitán do equipo. No ano 2012 foi Campión da Copa galega en categoría alevin, primeiro posto na Copa galega infantil e segundo posto na Copa galega de cadetes.
 
É chamado para entrenar na piscina do Centro de Alto Rendimento de Pontevedra e conquire unha plaza coa selección galega infantil, sendo o alevín máis xoven en entrar na selección gallega. Neste año 2012 contribúe á obtención do 13º posto no Campionato de España por comunidades.
 
No ano 2013, primeiro ano de infantil, conquire un terceiro posto galego na Liga galega de clubes, terceiro posto na Copa galega en categoría infantil e un segundo posto na Copa galega en categoría cadete.
 

  • Sandra Dopico Codesido

Iudo:
- Campionato Galego "Fase Norte" Categoría Cadete Tempada 2007-2008, Bronce.
- Campionato Galego Cadete Tempada 2007-2008, Plata.
- Campionato Galego "Fase Norte" Categoría Cadete Tempada 2008-2009, Ouro.
- Campionato Galego Cadete, Tempada 2008-2009, Plata.
- Campionato Galego Categoría Sub-20 Tempada 2010-2011, Bronce.
- Campionato Galego Categoría Absoluta Tempada 2010-2011, Bronce.
- Campionato Galego Categoría Sub-20 Tempada 2011-2012, Bronce.
- Campionato Galego Categoría Sub-21 Tempada 2012-2013, Bronce.
- Campionato de España Fase Sector Oeste Sub-21 Tempada 2012-2013, 5º Posto.
 
Pesca:
Campionato Autonómico (Mar Costa) Sub-21 Tempada  2012-2013, Ouro.
 

  • Carlos Lorenzo Gutiérrez

Subcampión galego de bodyboard sub 18 no ano 2012 e campión do Circuito galego de bodyboard no ano 2012, obtén os seguintes resultados neste ano:
 
- 2º Clasificado na praia de Barrañán- Arteixo o 13-14 de marzo.
- 3º Clasificado na praia de Patos-Nigrán o 21-22 de abril.
- 1º Clasificado na praia de Lóngara-Barreiros o 16-17 de xuño.
- 1º Clasificado na praia de Bastiagueiro A Coruña o 29-30 de setembro.
- 1º Clasificado na praia do Orzan A Coruña o 6 de octubre.
- 1º Clasificado na praia de Area Maior Malpica o 10 de novembro.
 
A nivel nacional finaliza como 4º clasificado en Nigrán (praia de Patos), proba do Circuito Nacional de bodyboard sub 18 no ano 2012; 1º Clasificado en Liencres (praia de Canallave), proba do Circuito Nacional de bodyboard sub 18 no ano 2012; 4º Clasificado no Campionato de España Promesas bodyboard sub 18 e no cuarto posto no campionato de España sub 18.
 

  • Adrián Hermida Gómez

Empezou a súa traxectoria deportiva no Kayak-polo no ano 2009 co equipo Copacabana, sendo campión da Liga galega na categoría sub-14 e campión de España por autonomías coa selección galega sub-16.
 
En 2010 foi primeiro na Liga española sub-16 e primeiro no Campionato Nacional.
 
No ano 2011 foi Campión de España por autonomías coa selección galega sub-16, segundo na categoría sub-21 na Liga nacional, campión nun torneo a nivel internacional disputado en Bélxica e conqueriu a súa primeira convocatoria a unha concentración coa selección española sub-21.
 
No ano 2012 acadou o terceiro posto na Liga nacional sub-21 e volveu á concentración coa selección española sub-21.
 
No ano 2013 foi primeiro na Liga Nacional sub-21 e entrou na selección española sub-21 como porteiro, quedando en séptimo posto no Campionato de Europa.
 

  • Roberto Lorenzo Lorenzo

Leva competindo co seu equipo de cans de trineo, Galizamushing, dende o ano 1999.
 
Comeza a súa andadura participando en carreiras a nivel estatal co seu equipo de oito cans.
 
Debido á escasez de coñecementos e información que había nese momento sobre este deporte en España ponse en contacto con equipos do resto de Europa cunha gran traxectoria neste deporte, coa intención de adquirir cans máis competitivos.
 
No ano 2004 decide dar o salto internacional e competir no Campionato do Mundo, clasificándose sétimo na súa categoría.
 
Entre os anos 2005-2009, consegue un oitavo posto no Campionato de Mundo, un sétimo posto no Campionato de Europa e un terceiro no Campionato de España.
 
A súa prometedora traxectoria nestes anos ofrécelle a Roberto unha oportunidade única no ano 2010, cando é invitado a entrenar no Musher Camp de Langtauffers, nos Alpes Austriaco-Italianos. Alí comparte entrenamentos e experiencias sobre a neve con algúns dos mellores e máis recoñecidos mushers de Europa, quenes inspeccionan o seu traballo cos cans e lle dan valiosísimas leccións sobre aspectos básicos que un profesional debe coñecer, entroutros: pautas de alimentación, coñecementos sobre fisioterapia canina ou diferentes métodos de entrenamento. Neste ano de aprendizaxe non participa en ningunha competición.
 
Despois desta enriquecedora experiencia no ano 2011 da a sorpresa alcanzando un posto de subcampeón de Europa. De novo, entrenar onde o fan os mellores e cos mellores da os seus resultados.
 
Nos anos 2011-2012 alcanza un oitavo posto no Campionato do Mundo a pesar da escasez de medios económicos que privan ao equipo dunha equipación de calidade e da posibilidade de levar a cabo os entrenamentos en condicións óptimas.
 
Na pasada tempada, participa no Campionato de Europa, tendo que abandonar na última manga por un problema de saúde nos seus cans.
 
A día de hoxe, conta cun equipo de 12 cans de liñas xenéticas consideradas coma as mellores do mundo e 5 cans veteranos que gozan dunha merecida xubilación. Entre eles, a súa líder principal: Lilou, que compartiu logros con Roberto ata fai pouco. Ahora, aos seus 13 anos goza dun merecido descanso ao lado do seu musher. Roberto sempre manifesta que os logros acadados nunca terían sido posibles sen Lilou.
 
Os obxectivos do Equipo Galizamushing para a tempada que entra serán os campionatos de España e do Mundo.
 
A pesar do pouco orzamento e de todas as adversidades que tivo que afrontar ao longo da súa carreira deportiva, Roberto sempre loitou por estar entre os 10 mellores equipos tanto a nivel europeo como a nivel mundial.