Eventos da Feira da Pataca e rifa das carrilanas

Como sabedes este sábado 14 de setembro celebramos a 1ª Festa da Pataca de Valdoviño, momento no que poñeremos en valor que fomos o primeiro lugar de Europa en donde se plantaron as patacas unha vez que foron traídas de América.
 
O longo do día haberá diversos eventos, feirón, actividades para nenos, concurso de tortilla de pataca, música a cargo da orquesta París de Oza, tirolina, xogos tradicionais, homenaxe a deportista de elite do noso concello, etc.
 
Ademais do indicado, lembramos que a partir das 20:00 horas poderedes gozar de diversos pratos elaborados a base de patacas. Entre as posibles opcións que está barallando a Peña Gastronómica Alfabeta, atópanse as patacas al ali oli, patacas recheas, patacas ao pobre ou croquetas de patacas.
 
Dende o Concello agradecemos á Peña Gastronómica Alfabeta a elaboración dos pratos que o final decidan preparar, á Asociación de Baixada de Carrilanas pola colaboración prestada para a celebración deste evento e á Asociación de Feiras de Valdoviño pola súa colaboración tanto para esta 1ª Festa da Pataca como para a 1ª Feira de Turismo Activo que tivo lugar a finais de agosto. Así mesmo é de destacar a axuda prestada pola Asociación de Empresarios de Valdoviño en todo o que lles foi requerido.
 
Tamén reiteramos o noso agradecemento a todos os que dalgunha maneira colaboraron desinteresadamente na celebración da 1ª Feira da Pataca.
 
Sorteo das carrilanas
A asociación de baixada de carriladas a San Mamede informa que o vindeiro sábado día 14 de setembro no recinto do feirón levarase a efecto o sorteo do reloxo e pulseira que por motivos climatolóxicos tivo que suspenderse no día das carrilanas.
 
Entregaranse rifas gratis e se canxearán as antigas.